jueves, 26 de mayo de 2016

Bullshot

 En esta ocasión vou escribir esta entrada no meu idioma nativo, o galego. E vouno facer para comentar sobre un xogo que acabo de adquirir que se fai en Galicia, chamado Bullshot.

 Bullshot e un xogo inspirado nos clásicos xogos de disparos, nos que hai que ser rápidos co gatillo sen pensar moito. E un xogo moi divertido, que atrapa a primeiras de cambio, con uns gráficos ben feitos. O xogo aínda non está rematado, polo tanto mentres podémolo comprar a un prezo de 1,99€.

 Que non este rematado non significa que teña errores o contrario, faltan pequenos detalles que non restan xogabilidad.

 Pero sobre todo o que me chamou mais a atención e que entre os idiomas que podemos escoller se atopa o galego. Sen dúbida un detalle por parte dos deseñadores. 

 O xogo podémolo atopar en Steam e como non, está dispoñible para GNU/Linux

No hay comentarios:

Publicar un comentario